Desde Médicos sin Fronteras me mandan esta información/petición, si estás interesado/a inserta un comentario con número de teléfono y dirección de correo electrónico y nos pondremos en contacto contigo.
MÉDICOS SIN FRONTERAS NECESITA VOLUNTARIOS/AS NA CIDADE DE CORUÑA
Que é MSF?
Médicos Sin Fronteras (MSF) é unha organización médico-humanitaria internacional independente que presta axuda de emerxencia a persoas afectadas por conflitos armados, epidemias, exclusión da atención sanitaria e desastres naturais. MSF presta asistencia en función das necesidades destas persoas e sen distinción de raza, relixión, xénero ou ideoloxía política. Cando a organización é testemuña de actos graves de violencia, crises esquecidas ou obstruccións a súa labor humanitaria, pode denuncialo públicamente.
MSF actualmente, ten máis de 350 proxectos de acción médica e humanitaria repartidos en 60 países e conta cuns 4 millóns de socios e colaboradores en todo o mundo, 485.000 en España. MSF España traballa en 40 proxectos repartidos en 27 países. MSF traballa de forma neutral, imparcial e independente de todo poder político, económico, militar ou relixioso.
Contexto:
MSF quere dar a coñocer a súa actividade dunha forma directa e cercana e por eso vai a realizar durante dúas semanas un ambicioso Plan chamado Plan Cidade, que é unha nova maneira de dar a coñecer MSF, mediante un conxunto de actividades nunha cidade concreta, baixo un mesmo concepto e durante un tempo limitado, xerando notoriedade, participación e cercanía. O Plan desenvolverase en 6 cidades españolas (Zaragoza, Vitoria, A Coruña, Valladolid, Castellón e Córdoba) de forma progresiva desde setembro a decembro de 2012.
Na Coruña, o realizaremos do 20 de setembro ao 10 de outubro.
Poremos en marcha: exposicións, charlas, proxección de documentais, actos na rúa, información ao cidadán sobre a organización, concerto,......
Necesitamos:
Voluntarios/as que nos axuden a poñer en marcha todas estas actividades na cidade de Coruña durante tres semanas.
As accións que realizarían:
- Difusión das actividades (reparto de folletos, redes sociais, información en rúa,....)
- Labores de información na rúa: facer turnos no posto de información de Médicos sin Fronteras na rúa para informar sobre a organización e as actividades en marcha.
- Participar nas actividades: realizarse a foto de cidadán sin fronteras e colgala na web de MSF.
- Montar e desmontar exposicións
- Organizar charlas, conferencias
- Organizar proxeccións de documentais
Cando:
Do 17 de setembro (sesión de formación sobre o Plan Coruña sin fronteras e MSF)ao 10 de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario