martes, 17 de julio de 2012

Concello de Dodro

Bases que regulan as axudas de emerxencia social

Publicado no: BOP Nº 130, do martes 10 de xullo de 2012        

Considéranse axudas de emerxencia social o conxunto de axudas en especie e monetarias, de carácter non periódico, destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións de urxente necesidade.
Poderán beneficiarse das axudas de emerxencia as persoas individuais ou unidades familiares do Concello de Dodro coas seguintes condicións:
• Ser maior de idade ou menor emancipado/a.
• Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Dodro de forma ininterrompida polo menos con seis
meses de antigüidade no momento da solicitude, salvo informe en casos excepcionais valorados polo/a traballador/a
social.
• Acreditar a situación de necesidade urxente.
• Que a axuda que se solicita teña un carácter complementario dentro dunha intervención social iniciada dende o
departamento de servizos sociais coa persoa solicitante e a súa unidade familiar, constituíndo un apoio para a
consecución dos obxectivos establecidos nesta intervención.
• Que a unidade familiar non dispoña dos ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación emerxencia, segundo o establecido nas bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario