jueves, 12 de julio de 2012

Concello de Lugo

Subvencións para a realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social
Publicado no BOP Num. 150, do sábado 30 de xuño de 2012
Finaliza o plazo o día 1 de agosto de 2012

Subvencións a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD) para a realización de proxectos concretos de cooperación en países menos desenvolvidos e de sensibilización na cidade de Lugo. Quedan, polo tanto, excluídos os axentes de cooperación diferentes das organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, é dicir, empresas, organizacións empresariais, sindicatos, universidades, institucións financeiras, de aforro, formacións políticas e outros axentes  sociais e administracións que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.
A finalidade da convocatoria é financiar a realización de accións e proxectos que contribúan a:
a) Satisfacer as necesidades básicas da poboación dos países máis empobrecidos, entendendo como necesidades básicas as relacionadas coa alimentación, vivenda, saúde, educación, servizos sociais, implantación de pequenas infraestruturas. Estas accións deberán  revestir certa permanencia ou estabilidade, excluíndose, polo tanto, os proxectos de axuda humanitaria dirixidos a paliar situacións transitorias derivadas de catástrofes ou similares.
b) Impulsar e executar accións de desenvolvemento local sostible e autosostido, entendendo como tales as orientadas ao desenvolvemento, sostibilidade  e atención ás necesidades socioeconómicas da población (prestación de servizos básicos de luz, auga, transporte, rehabilitación de áreas urbanas…)
c) Executar accións de sensibilización, información e educación para o desenvolvemento. Enténdese por tales as executadas no Concello de Lugo que estean dirixidas a fomentar o espírito de solidariedade, que melloren o coñecemento e información acerca da problemática dos países menos desenvolvidos, que estimulen a  participación da cidadanía lucense nas tarefas de cooperación internacional e desenvolvemento dos pobos.
d) Os proxectos que se presenten a esta convocatoria non poderán conter na súa formulación ningún tipo de discriminación e/ou exclusión, e deberán respectar a idiosincrasia da poboación beneficiaria e o seu medio ambiente. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario