jueves, 12 de julio de 2012

Consellería de Medio Rural e do Mar

Axudas para o desenvolvemento de accións formativas en materia agroforestal, por entidades de iniciativa social, dedicadas a fomentar a integración social e laboral de persoas con discapacidades ou en risco de exclusión social
Publicado no: DOG Num. 130, do luns 9 de xullo de 2012
Finaliza o plazo o día 9 de agosto de 2012

Poderán solicitar as subvencións, as entidades de iniciativa social, referidas no artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que acrediten reunir as condicións para realizar a actividade formativa solicitada e cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Carecer de fins de lucro.
c) Desempeñar as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia e que o seu ámbito de actuación sexa o medio rural.
d) Ter realizado actividades de formación continua ou ocupacional vinculadas ao sector agropecuario e forestal.
e) Cumprir os requisitos establecidos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As accións subvencionables ao abeiro desta orde estarán destinadas á formación en materia agroforestal de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial para facer posible a súa integración sociolaboral ou que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social. Cada entidade solicitará como máximo unha única acción formativa, cunha duración mínima de 40 horas.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120709/AnuncioG0165-030712-0001_gl.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario