martes, 17 de julio de 2012

Concello de Dodro

REGULAMENTO INTERNO DE ACCIÓN VOLUNTARIA

A raíz do apoxeo experimentado nos últimos anos da participación e implicación cidadá no desenvolvemento do concello, lévanos a elaborar un regulamento que recoñeza a iniciativa social cidadá como un valor a incentivar dentro do noso Estado social e democrático de dereito.
Como resultado do aumento desta responsabilidade social, xorde un incremento importante de persoas voluntarias que participan de xeito activo e directo na sociedade, realizando actos altruístas ao amparo de entidades organizadas, co obxectivo de elevar a calidade de vida.
As entidades de acción voluntaria son, historicamente, as precursoras dos valores de solidariedade, responsabilidade e progreso implícitos ao voluntariado, converténdose nas principais vías de canalización do movemento voluntario.
O presente Regulamento, nace co fin de regular a acción voluntaria que se poida desenvolver desde o propio Concello de Dodro e como apoio e complemento á desenvolvida polo tecido asociativo local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario