miércoles, 4 de julio de 2012

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Axudas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma Galega


Publicación no DOG Num. 123, de xoves 28 de xuño de 2012
Finalizo o plazo o día 30 de xullo de 2012

Poderán acceder á condición de beneficiarias e solicitar as subvencións reguladas nesta resolución as entidades sen ánimo de lucro, as organizacións profesionais e as organizacións empresariais que desenvolvan actividades formativas de integración laboral dirixidas a persoas retornadas ou inmigrantes que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo.
b) Ter o seu enderezo social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia,
entendendo por delegación dispor dunha oficina permanente nela.
c) Dispor de estrutura e capacidade para garantir a realización das accións obxecto de subvención.
d) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades de dereito público, as universidades, os partidos políticos, as organizacións sindicais, nin as sociedades civís.

No hay comentarios:

Publicar un comentario