viernes, 26 de enero de 2018

Xunta de Galicia e Fondo Social Europeo

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Convocatoria promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Publicado no DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018
Finaliza prazo:  30 de setembro de 2018. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 7. Solicitudes 
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde nos modelos de solicitude que figuran como anexos, xunto coa documentación e no prazo establecido para cada tipo de programa. 
2. De acordo co disposto no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, de acompañamento dos orzamentos para o ano 2017, a xustificación da concorrencia das circunstancias indicadas no devandito artigo para establecer a obriga de relacionarse electronicamente coa Administración na presentación das persoas físicas vén motivada polo feito de que as persoas beneficiarias a que vai dirixida esta orde de subvencións son autónomas que exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, en calquera actividade comercial que realicen. 
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal CVE-DOG: suvggal2-fsy8-jp59-pd39-gurynilbdp16 DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 5824 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

Enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180126/AnuncioG0424-291217-0003_gl.pdf