martes, 17 de julio de 2012

Deputación de Ourense

Bases reguladoras convocatoria de subvencións a clubes deportivos
  
Publicado no BOP nº 157, de martes 10 xullo 2012
Finaliza o plazo o día 9 de agosto de 2012
O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión de subvencións, por parte da Deputación Provincial de Ourense, destinadas a clubs deportivos da provincia de Ourense.
Poderán ser beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases os clubs deportivos que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia.
b) Te-lo seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro deportivo oficial da Xunta de Galicia.
c) Participar, na temporada 2011/2012 en competicións oficiais, calquera que sexa o seu ámbito, convocadas polas súas respectivas federacións.
d) Posuír, polo menos, un equipo de base acreditado, é dicir, inferior á categoría sénior ou absoluta. Para os clubs que compitan en disciplinas individuais establécese como requisito básico posuír un mínimo de cinco licenzas federativas de deportistas de base en competición.
As subvencións terán unha contía máxima de 10.000,00 euros por cada beneficiario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario