Subvencións a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados para a tempada 2011/2012
Publicado en: BOP Pontevedra Num. 125, de venres 29 de xuño de 2012
Finaliza o plazo o día 19 de xullo de 2012
Os obxectivos destas axudas son: a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello da Estrada tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.
Poderán solicitar estas axudas tódalas asociacións e clubs deportivos do Concello da Estrada sen ánimo de lucro legalmente constituídos e que veñan desenvolvendo unha labor de promoción deportiva e de interese para a sociedade dentro do Concello da Estrada. Os cales deberán cumprir en todo caso os seguintes requisitos:
a) Os clubs federados sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello da Estrada e que leven a cabo a súa actividade dentro do mesmo.
b) Estar debidamente federadas e inscritas no Rexistro oficial correspondente.
c) Carecer de ánimo de lucro.
Tamén poderán solicitar estas axudas os deportistas federados domiciliados no Concello da Estrada con anterioridade á aprobación destas bases e que participen en competicións de ámbito comarcal ou superior incluídas nos calendarios das respectivas federacións.
Quedan excluídas as asociacións ou entidades que asinen un Convenio específico co Concello, as cales se rexerán polo devandito Convenio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario