jueves, 12 de julio de 2012

Concello de Porto do Son

I Concurso fotográfico sobre a igualdade de xénero

Publicado en: BOP Nº 127, de xoves 5 de xullo de 2012
Finaliza o plazo o día 19 de abril de 2013 antes das 14:00 horas.

1. Poderán concursar tódalas persoas que o desexen, coa excepción dos organizadores do concurso e membros do xurado.
2. Tema: “Igualdade de xénero”. Valorarase a temática das fotografías relacionadas coas xentes do Son.
3. As fotografías ou series poderán ser en cor ou en branco e negro, cun tamaño mínimo de 24 x 30 cm. Tódalas fotografías irán presentadas en SUPERFICIE RÍXIDA (cartolina, non) en tamaño 50 x 60 cm. Ó dorso de cada fotografía figurará exclusivamente o lema da obra, lugar e ano no que se tomou a fotografía. Con tódalas obras adxuntarase un sobre pechado no exterior do cal aparecerá soamente o alcume do autor e no seu interior indicaranse os seguintes datos: nome e apelidos do autor, título das obras, explicación da técnica utilizada, enderezo e número de teléfono.
4. Premios:
– O primeiro premio: 601,01 € e un diploma conmemorativo.
– O segundo premio: 300,51 € e un diploma conmemorativo.
– O terceiro premio: 150,25 € e un diploma conmemorativo.
– O xurado poderá conceder tres accésit de 60,01 €, se a calidade das fotografías así o requiriran.

No hay comentarios:

Publicar un comentario