Aprobación do regulamento do programa de axudas de alimentos
Publicado no: BOP Nº 130, do martes 10 de xullo de 2012
O obxecto desta convocatoria é o reparto dos alimentos que se reciben en varias fases da Unión Europea, ou no seu caso, doutras administracións,
asociacións e outras institucións humanitarias, xunto cos que o Concello poida entregar en ocasións puntuais.
Poderán beneficiarse das axudas citadas no punto anterior as persoas individuais ou unidades familiares do Concello de Dodro.
Os requerimentos son:
·Ser maior de idade ou menor emancipado/a.
·Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Dodro de forma ininterrompida polo menos con seis meses de antigüidade no momento da solicitude.
·Acreditar a situación de necesidade de alimentos.
·Que a unidade familiar non dispoña dos ingresos suficientes para afrontar a cobertura desta necesidade básica, segundo o establecido nas bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario