jueves, 12 de julio de 2012

Concello de Ribeira

Convocatoria de axudas de inserción socio-familiar

Publicado no BOP Nº 128,  de venres 6 de xullo de 2012
Finaliza o plazo o día 24 de xullo de 2012

Axudas á escolarización por parte do Concello de Riveira durante o curso escolar 2012/2013.
As achegas teñen como finalidade o cofinanciamento das seguintes adquisicións e servizos:
  • Libros de texto (só para educación infantil).
  • Materiais didácticos.
  • Asistencia a comedores escolares.
  • Asistencia a actividades municipais orientadas á poboación escolar.
Poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan as seguintes condicións:
Que a unidade familiar á que pertenza o neno ou nena participe nalgún programa de intervención desenvolto polo Área de Servizos sociais do Concello de Riveira.
Adicionalmente, os rapaces e rapazas beneficiarios das axudas deberán cursar estudios de educación infantil, primaria ou secundaria, nalgún centro educativo do Concello no curso escolar 2012/2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario