martes, 17 de julio de 2012

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Modificación das bases reguladoras das subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil

Publicación no DOG Núm. 131 de martes, 10 de xullo de 2012
Para dar atención a outras demandas no ámbito das emerxencias e protección civil, é preciso efectuar unha minoración nos créditos iniciais asignados a esta convocatoria de axudas. Modificase así a redacción do artigo 3 da Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil.
Para a consecución do obxectivo a que se refire esta orde, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza destinará ata un límite de 340.000 € correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario