martes, 31 de julio de 2012

Concello de Ourense

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades a favor do asociacionismo

Publicación no BOP Num. 170, de xoves 26 de xullo de 2012
Finaliza o plazo o día 14 de agosto de 2012

O Concello de Ourense, a través da súa Concellería de Participación Cidadá, presenta as seguintes bases reguladoras da concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de actividades veciñais, coa finalidade de fomentar e consolidar o asociacionismo veciñal.
Poderán acollerse a estas bases reguladoras todas aquelas asociacións veciñais que estean inscritas no libro de rexistro do Excmo. Concello de Ourense con proxectos de actividades e servizos que persigan, entre outros, a promoción da participación cidadá, co límite máximo do 75 % do custo da actividade proxectada. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario