Subvencións para o fomento de actividades xuvenís
Publicado en: BOP Pontevedra Num. 123, de mércores 27 de xuño de 2012
Finaliza o plazo o día 27 de xullo de 2012
O obxecto das subvencións é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento e realización de programas e proxectos xuvenís mixtos, de mozos e mozas, por parte das entidades e/ou colectivos xuvenís da cidade, no ano 2012.
Serán gastos subvencionables os que de xeito indubidable se ocasionen nas entidades e/ou colectivos xuvenís, polo desenvolvemento, realización e participación en programas e proxectos xuvenís: actuacións dirixidas ao fomento e á participación do colectivo mozo e que se desenvolvan e realicen dentro do termo municipal de Vigo, programas de animación sociocultural e de carácter formativo e/ou preventivo, actividades de tempo libre e de lecer, actividades relacionadas coa cultura e a creatividade xuvenil e, en xeral, todos aqueles proxectos que se relacionen co ámbito de actuación da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo.
Serán subvencionables todos os gastos de desenvolvemento, realización e participación en programas e proxectos xuvenís ao longo do ano 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario