martes, 12 de junio de 2012

Consellería de Traballo e benestar

Subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas integrados para o emprego durante os anos 2012 e 2013

Publicación DOG Núm. 109, de venres 8 de xuño de 2012       
Finaliza o plazo o día 9 de xullo de 2012

As subvencións terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboralo das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de plans integrais que combinen accións de diversa natureza, tales como información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, e mobilidade xeográfica.
Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:
a) As deputacións provinciais.
b) Os concellos que, por si sos ou asociados, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2011 superior a 500 persoas.
c) As mancomunidades, consorcios ou calquera outra forma de agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos.
d) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que acrediten experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario