martes, 12 de junio de 2012

Concello de Tomiño

Subvencións a entidades de carácter social

Publicación en BOP Pontevedra, o día 11 de xuño de 2012
Finaliza plazo o día 26 de xuño de 2012
A presente convocatoria ten por finalidade apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades de carácter social sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, que desenvolven actividades para promover o benestar social dos cidadáns do Concello de Tomiño a través de accións ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadán, dentro do ámbito de intervención de Servizos Sociais e que se realicen durante o ano 2012.
As subvencións poderán ser solicitadas para financiar actividades definidas como prioritarias no marco de actuación da área de Servizos Sociais do Concello de Tomiño. A tales efectos poderanse financiar os gastos das actividades enmarcadas en cada unha das seguintes áreas de actuación:
— Proxectos de atención a discapacidade
— Proxectos de atención aos menores
— Proxectos de apoio a dinámica familiar
— Proxectos de voluntariado social
— Proxectos a atención a toxicomanía
— Proxectos de prevención de situacións de violencia intrafamiliar
— Proxectos dirixidos á promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
— Proxectos de atención a inmigración
— Proxectos de atención a minorías étnicas

No hay comentarios:

Publicar un comentario