martes, 12 de junio de 2012

Concello de Bueu

Subvencións municipais a clubs/entidades deportivas do Instituto Municipal de Deportes de Bueu durante o ano 2012

Publicado en: BOP Pontevedra, 8 de xuño de 2012
Finalización plazo o día 8 de xullo de 2012

Son obxecto de subvención as actuacións e programas dos clubs e entidades deportivas, debidamente rexistradas no Concello de Bueu, desenvolvidas no termo municipal.
Os gastos susceptibles de subvención serán os realizados durante o ano 2012.Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa actividade subvencionada, que sexan indispensables para a realización da actividade e non estean excluídos polas bases reguladoras da convocatoria.
Os/as destinatarios/as destas subvencións serán os clubs e entidades deportivas, sen ánimo de lucro, para actividades no ámbito municipal, que reunindo os requisitos xerais esixidos na Ordenanza reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Bueu, cumpran os seguintes requisitos:
— Estar incluídas no Rexistro municipal de Asociacións do Concello de Bueu, ou polo menos ter feita a solicitude para este Rexistro en data anterior á solicitude da subvención.
— Carecer de ánimo de lucro.
— Que se atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Bueu, coa Facenda Pública estatal e autonómica e coa Seguridade Social.
— Deberán acreditar estar o corrente das obrigas coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social mediante certificación expedida polos citados organismos aqueles clubs que a cantidade subvencionada supere os 3.000 €. Esta certificación deberá estar en vigor no momento de efectuar o pago da subvención e deberase entregar xunto coa solicitude.
— O Instituto Municipal e Deportes de Bueu comprobará de oficio que o solicitante das axudas está ao corrente do cumprimento das obrigas fiscais co Concello.
Non poderán acceder á concesión das subvencións municipais:
— As entidades que, en virtude da normativa vixente, teñan limitado ou suprimido ese dereito, e especificamente o recollido no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.
— As entidades que por resolución firme foran sancionadas polo incumprimento das condicións previstas na autorización precisa para o desenvolvemento da actividade.
— As entidades que perderan o dereito á obtención das subvencións como consecuencia do procedemento sancionador correspondente, e polo prazo establecido na resolución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario