martes, 26 de junio de 2012

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e a mellora dos seus locais

Publicación en: DOG Núm. 119 de venres, 22 de xuño de 2012
Finaliza plazo o día 22 de xullo de 2012

Poderán optar a estas subvencións as asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro que radiquen ou teñan sede en Galicia, para o seu equipamento e mellora, sempre e cando realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e desenvolvan as súas actividades habitualmente en Galicia.
Poderán ser obxecto de subvención as actuacións que se encadren nas seguintes modalidades:
a) Fundacións con local en propiedade: acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.
b) Asociacións con local en propiedade: acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.
c) Entidades culturais que non teñen local en propiedade pero que teñen unha cesión de uso por un prazo mínimo de 10 anos: poderán acollerse unicamente ás axudas de investimento en equipamento e mobiliario.
Para os efectos desta convocatoria, enténdense por locais de asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro aqueles das citadas entidades, sitos en Galicia e que contribúan como sede destas entidades ao fomento da cultura en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario