martes, 26 de junio de 2012

Deputación de Lugo, INLUDES

Bases que regulan a selección de entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro para a execución de accións formativas no marco do proxecto “Lugo-pacto provincial polo emprego”


Publicación en : BOP Lugo Num.143, venres22 de junio de 2012
Finaliza plazo o día 2 de julio de 2012

O obxecto da presente convocatoria é a selección de entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro encargadas de impartir itinerarios integrados de inserción socio laboral a través de novas accións formativas desenvolvidas no marco do proxecto “Lugo – Pacto Provincial polo Emprego”, mediante a sinatura dun convenio, no marco do proxecto “Lugo – Pacto Provincial polo Emprego”cofinanciado nun 80% polo FSE. Para iso se empraza na presente convocatoria ás entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro interesadas, á presentación de programas para o desenvolvemento das accións formativas enmarcadas nos obxectivos do proxecto.
O obxectivo das accións formativas é capacitar aos beneficiarios en perfis de traballo con elevada demanda, lograr a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos, e promover a igualdade de xénero e de oportunidades entre homes e mulleres, así como a loita contra a discriminación no traballo.
Poderán concorrer á presente convocatoria as entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos
1) Non estar incurso en ningunha das circunstancias que impiden obter a condición de beneficiario, previstas no artigo 13, apartados 2 e 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións. Estas circunstancias refírense á condena mediante sentenza ou resolución firme nese sentido, a declaración de concurso, a incursión nas incompatibilidades previstas pola normativa nacional, o
incumprimento das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social, a localización da residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal, e o non acharse ao corrente de pago de obrigacións por reintegro de subvencións.
2) Ter xustificadas as subvencións recibidas da Deputación e do seu Organismo Autónomo INLUDES de anos anteriores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario