martes, 12 de junio de 2012

Concello de Cambre

Subvencións a entidades sen fin de lucro

Publicación en BOP Coruña, o día 11 de xuño de 2012
Finaliza o plazo o día 12 de xullo de 2012

O obxecto da presente convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas, educativas e festivas, así como na dotación de equipamentos que lles resultan necesarios, mediante a concesión de axudas económicas con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias do orzamento de 2012.
Poderán optar a estas subvencións as entidades ou asociacións xuridicamente constituídas e inscritas no rexistro municipal de entidades veciñais do Concello, os comités veciñais e as ANPAS e centros educativos do Concello de Cambre, que cumpran os seguintes requisitos:
1.–Carecer de fins de lucro.
2.–Desenvolver a súa actividade dentro do termo municipal de Cambre.
3.–Non ter pendente de xustificar a subvención municipal concedida no exercicio anterior, e no caso de que así fose, ter concedida unha prórroga ou ter desistido de forma motivada e por escrito.
4.–Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
5.–Ter un mínimo de 15 socios (agás as entidades que pola súa natureza non lles sexa de aplicación).
6.–Ter actualizados os datos no antedito Rexistro municipal, tendo en conta que toda modificación deberá comunicarse no mes seguinte ao seu acontecemento; e o orzamento e o programa anual de actividades comunicaranse no mes de xaneiro de cada ano, ou realizado no prazo de presentación da solicitude de subvención.
7.–Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).

No hay comentarios:

Publicar un comentario