martes, 12 de junio de 2012

Concello de Vigo

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller no ano 2012

Publicación en BOP Pontevedra, 8 de xuño de 2012
Finaliza el plazo o día 28 de xuño de 2012
O obxecto destas subvencións é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento de actividades das entidades sen ánimo de lucro que se realicen desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2012 e cuxa finalidade sexa:
1. Atender as demandas e necesidades das mulleres establecidas como prioridade no “4º Plan integral de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2009/2012” do Concello de Vigo. Tendo en conta os obxectivos establecidos en cada unha das súas cinco áreas de actuación:
Educación en Igualdade, Conciliación e Corresponsabilidade; Participación Económica, Violencia de Xénero e Atención á Diversidade.
2. Promover o investimento de recursos sociais en accións positivas para as mulleres, que favorezan o acceso e permanencia das mulleres naqueles ámbitos onde se atopen
subrepresentadas. Promovendo por exemplo: accións formativas en áreas e/ou sectores con escasa presenza feminina, acceso e permanencia de mulleres en postos de responsabilidade ou establecemento de medidas, accións e/ou dispositivos que visibilicen e faciliten a participación das mulleres pertencentes a colectivos en risco de exclusión.
3. Organizar e promover actividades en ámbitos e/ou áreas tradicionalmente feminizadas, dirixidas á poboación masculina.
4. Potenciar o asociacionismo feminino, a participación activa das mulleres nos órganos de toma de decisións das asociacións, así como a participación das mulleres en todos os ámbitos de actuación das organizacións.
5. Impulsar a apertura de novas canles de intervención a favor das mulleres no eido socio-laboral, educativo e familiar, evitando perpetuar os roles tradicionalmente sexistas. Desenvolvendo tanto actividades de sensibilización, como proxectos con actuacións innovadoras que propicien eliminación de roles e estereotipos de xénero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario