martes, 26 de junio de 2012

Consellería de Traballo e Benestar

Subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades de municipios enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil

Publicación en: DOG Num. 121, Martes 26 de xuño de 2012
Finaliza plazo o día 26 de xullo de 2012

Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e concellos e mancomunidades de municipios sempre que a dita acción voluntaria se desenvolva por mozas/os de idades comprendid o as entre os 18 e 30 anos e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nalgunha das seguintes áreas:
– Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
– Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
– Actividades con colectivos en situación de risco.
– Actividades xuvenís.
– Actividades ambientais.
– Actividades relacionadas co Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional 2012.
– Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.
As/os beneficiarias/os das axudas serán as entidades de acción voluntaria e os concellos e mancomunidades de municipios que realicen proxectos de voluntariado enmarcados no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2012, e que se desenvolvan dentro das áreas de actuación do Plan Galego de Acción Voluntaria 2011-2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario