martes, 12 de junio de 2012

Concello de Outes

Subvencións para actividades culturais, deportivas de interese público

Publicado en el BOP Coruña, 7 de xuño de 2012
Finaliza el plazo el día 28 de xuño de 2012

Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actividades que se realicen no territorio municipal de Outes ou que a sede da entidade solicitante se atope no termo municipal:
a) Actividades culturais: gastos correntes derivados de celebracións, exposicións, concursos, certames, mostras, excursións, conferencias, estudos, etc. E, en xeral, actividades dirixidas á conservación, promoción ou divulgación das tradiciónse valores culturais propios do Concello de Outes.
b) Actividades deportivas: gastos correntes de funcionamento e participación en campionatos deportivos como fichas de inscrición en competicións, desprazamentos, mantemento de instalacións, etc. ou organización doutras actividades deportivas de interese público.
Serán subvencionables as actividades que se desenvolvan ao longo do exercicio 2012 ou, no caso das que duren un curso académico ou tempada deportiva, as realizadas no curso ou tempada 2011/2012.
Non son subvencionables os gastos derivados da adquisición de bens inventariables como inmobles, vehículos, equipos informáticos, maquinaria e, en xeral, os que teñan o carácter de investimento ou equipamento. Tampouco son subvencionables os gastos financeiros, notariais, rexistrais, periciais, multas, sancións e recargos administrativos ou penais nin os tributos directos a cargo dos beneficiarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario