martes, 26 de junio de 2012

Concello de Ferrol

Axudas a asociacións e entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para os programas e actividades que persigan obxectivos comúns á Área de Igualdade, para o ano 2012 
     
Publicado en: BOP Coruña Nº119, luns 25 de xuño de 2012
Finaliza plazo o día 26 de xullo de 2012

O obxecto da presente convocatoria é financiar, en réxime de concorrencia competitiva, os programas, actuacións e actividades, que realicen as asociacións e entidades de iniciativa social e sen ánimo de lucro, que persigan fins concorrentes ou complementarios cos da Concellería de Igualdade do Concello de Ferrol para o ano 2012.
A achega que se puidese conceder destinarase exclusivamente a cubrir os gastos directamente relacionados coa organización e realización do programa, actuación ou actividade para a que se solicita a subvención.
Poderán solicitar as axudas reguladas na presente convocatoria as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos e compromisos establecidos, e deberán reunir os seguintes requisitos:
1) Estar constituídas legalmente.
2) Figurar no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Ferrol.
3) Que, de acordo cos seus estatutos, teñan obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención.
4) Que estean ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias, Seguridade Social e co Concello de Ferrol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario