jueves, 24 de mayo de 2012

Xunta de Galicia

Fondo de acción social de axuda a persoas con discapacidade, dirixido a funcionarios de carreira, interinos e persoal laboral

Finaliza o plazo o día 8 de xuño de 2012

Poderá solicitar as axudas do fondo de acción social o persoal:
– Funcionario de carreira.
– Funcionario interino que ocupe postos incluídos nas relacións de postos de traballo.
– Laboral fixo.
– Laboral temporal que ocupe postos incluídos nas relacións de postos de traballo e laboral declarado indefinido non fixo.
Que prestase servizos na Administración da Xunta de Galicia no ano 2011 e que no prazo de presentación de solicitudes se atope en situación de servizo activo ou en suspensións de funcións de carácter provisorio prevista no artigo 60.3 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.
O persoal ao servizo da Xunta de Galicia recollido na norma xeral 1.1 que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos ou ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme que sexan discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais recoñecidos como tales polo organismo competente antes do 1.1.2012.
Para causar dereito a axuda os ingresos íntegros do discapacitado en concepto de rendementos de traballo ou prestación de supervivencia non poderán superar os 8.866,20 euros. Non se terán en conta os ingresos do discapacitado cando a súa discapacidade sexa igual ou superior ao 75%.
Os que, atopándose incluídos no ámbito persoal da axuda, desexen optar a ela/s deberán completar en liña a solicitude e anexos que, como formulario electrónico, atoparán na páxina web: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm 

No hay comentarios:

Publicar un comentario