miércoles, 16 de mayo de 2012

Fútbol solidario

Camisetas que súan esperanza
Unha ONG leva a equipación dun equipo de Malpica a unha aldea de Guinea Bissau
Dembanje, unha pequena aldea de 500 habitantes dividida en dúas tribos, unha musulmana e outra cristiá, está de noraboa. Alí, na esquecida Guinea Bissau, onde a fame negra é sesolimpre unha ameaza, un grupo de mozos de entre 18 e 20 anos ten un motivo para sorrir. E é que o equipo de rapaces que xoga unha liguiña contra outras aldeas veciñas xa ten equipación.
Este soño ten o xerme en Galicia. A idea foi de Carlos Couto, propietario da empresa Aluminios Alucarco, que patrocinaba os xuvenís do Malpica. “As camisetas estaban en perfecto estado, pero deixaron de usarse. Comprei os pantalóns que faltaban e decidín doalas. Nós  temos todo e eles non teñen nada”, explica. A ONG coruñesa Miradas al Mundo acendeu a maquinaria. A súa responsable, María Martínez, viaxou a Guinea Bissau en abril cargada de camisetas, un balón, un chifre e proteccións para cóbados e xeonllos. Foi unha viaxe omplicada, a través de Senegal e cunha equipaxe máis avultada do habitual –María adoita ir só cunha mochila–, pero mereceu a pena.
“Cando me viron chegar foi unha festa; imaxínate, eles non usan botas, senón fanequeiras, e cando facían substitucións tiñan que cambialas”, relata a responsable da ONG, que leva 8 anos traballando na aldea, onde xa fixeron, por exemplo, un xardín de infancia para que as rapazas poidan ir á escola. Entre as dádivas, o balón foi recibido con euforia; normalmente xogan con pelotas de publicidade. En contraprestación, Miradas al Mundo só lles pediu unha cousa, que constituísen unha asociación de mozos para colaborar coas actividades que realizan alí. En Dembanje, Galicia significa esperanza.
Fuente: LV de luns a venres

No hay comentarios:

Publicar un comentario