martes, 29 de mayo de 2012

Consellería de Traballo e Benestar

Subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado  

Publicación DOG Núm. 101, martes, 29 de maio de 2012
Finaliza o plazo o día 28 de xuño de 2012

Serán subvencionables os programas e actuacións presentados polas entidades sen ánimo de lucro, agás as universidades galegas, sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nalgunha das seguintes áreas:
a) Área de sensibilización: o obxectivo destes programas será difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario.
b) Área de formación: persegue unha modernización e adaptación permanente das entidades de acción voluntaria á realidade social.
c) Área de coordinación: as accións fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre as diferentes entidades incorporando de xeito transversal as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario