martes, 29 de mayo de 2012

Concello de As Neves

Subvencións para asociacións, entidades e clubs deportivos

Publicación BOP Pontevedra, venres 25 de maio de 2012
Finaliza o plazo o día 26 de xuño de 2012

A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar ás asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais e ás Asociacións Veciñais na realización de actividades, adquisicións de materiais ou equipamento non inventariableis e gastos de funcionamento, relacionadas coas mesmas, durante o ano 2012.
Poderán solicitar estas axudas tódalas asociacións e entidades que reúnan os seguintes requisitos:
1.—Carecer de fins de lucro.
2.—Ter o seu domicilio social no termo municipal de As Neves e inscritas como tal no Rexistro Municipal de Asociacións ou que non tendo o domicilio no termo municipal afecten dun modo directo a colectivos deste Concello.
3.—Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
4.—Estar ó corrente coas obrigas tributarias (Estado e Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e non ter débedas de ningún tipo co Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario