martes, 29 de mayo de 2012

Concello de Narón

Subvencións a clubs e entidades deportivas

Publicación BOP Coruña, xoves 24 de maio de 2012       
Finaliza o plazo o día 23 de xuño de 2012
Son obxecto de subvención as actuacións e programas dos clubs e entidades deportivas, debidamente rexistradas no Concello de Narón, desenvolvidas no termo municipal.
Os/as destinatarios/as destas subvencións serán os clubs e entidades deportivas, sen ánimo de lucro, para actividades no ámbito municipal, que reunindo os requisitos xerais esixidos na Ordenanza reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón, cumpran os seguintes requisitos:
· Estar inscritas no rexistro municipal de entidades deportivas do Concello de Narón cos datos actualizados no intre da convocatoria segundo o esixido no Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Narón, no momento de presentar a súa solicitude.
· Non contravir o regulado nos artigos 13 e 10 da Lei 38/2003 xeral de subvencións e Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, respectivamente.
· No caso de clubs e entidades deportivas que foran beneficiarias de subvencións ou axudas económicas concedidas en anos anteriores polo Concello de Narón, deberán telas debidamente xustificadas.
· Cumprir os requisitos da convocatoria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario