miércoles, 19 de diciembre de 2012

Deputación da Coruña

Convocatoria dirixida aos concellos e outras entidades locais interesadas na realización de proxectos de envellecemento activo para as persoas maiores ano 2013

Publicado en BOP Coruña nº 239, do día luns 17 de decembro de 2012
Finalización plazo, o día sábado 16 de febreiro de 2013

É finalidade desta Deputación Provincial da Coruña, a través da presente convocatoria, o impulso de políticas de envellecemento activo, apoiando os concellos e outras entidades locais na creación ou no mantemento de actividades para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores que permitan que as persoas sigan sas e activas, eviten o deterioro físico e psíquico e que non acaben en procesos de illamento e de exclusión social.
Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria todos os concellos ou mancomunidades e agrupacións de municipios da provincia, sendo incompatible para cada un dos concellos facer solicitudes a nivel individual e ao mesmo tempo de forma agrupada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario