miércoles, 19 de diciembre de 2012

Deputación da Coruña

Subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios

Publicado en BOP Coruña nº 239, do día luns 17 de decembro de 2012
Finalización Plazo o día venrres 22 de febreiro de 2013


É finalidade desta Deputación Provincial da Coruña, contribuír ao financiamento das entidades de iniciativa social (privadas sen ánimo de lucro), impulsar o seu desenvolvemento e facilitar o cumprimento dos seus fins sociais.
De acordo coas prioridades políticas contidas nos orzamentos provinciais para 2013, cómpre determinar as liñas estratéxicas que contribuirán á realización das ditas prioridades, sendo unha delas a seguinte:
Apoio ao financiamento dos servizos, programas e actividades desenvolvidas por entidades do ámbito da atención socio-sanitaria, entendendo por tales as que recoñece o artigo 53 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, “destinados a aqueles colectivos de persoas enfermas, xeralmente crónicas, que polas súas especiais características poidan beneficiarse da atención simultánea e sinérxica dos servizos sanitarios e sociais para aumentar a súa autonomía, paliar as súas limitacións ou sufrimentos e facilitar a súa reinserción social. No terreo sanitario a atención sociosanitaria comprenderá:
a) Os coidados sanitarios de longa duración.
b) A atención sanitaria á convalecencia.
c) A rehabilitación en pacientes con déficit funcional recuperable”

No hay comentarios:

Publicar un comentario