martes, 11 de diciembre de 2012

Concello de Rois

Subvencións a asociacións culturais, deportivas e educativas para actividades de reinserción social

Publicado en BOP Coruña nº 232, do día mércores 5 de decembro de 2012
Finaliza o prazo o día xoves 20 de decembro de 2012

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades culturais, deportivas, veciñais, educativas e con fins de reinserción social.
Poderán ser beneficiarios de ditas subvencións as Asociacións que reúnan os seguintes requisitos:
* Estar ao corrente das súas obrigas contributivas co Concello de Rois e ter xustificado debidamente o gasto das subvencións concedidas por este Concello en anos anteriores.
* Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, de conformidade co disposto no artigo 8 da Ordenanza reguladora de subvencións aprobada polo Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario