miércoles, 30 de abril de 2014

Axudas para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza

Publicado en: DOG Num. 77, mércores 23 de abril de 2014
Finaliza prazo: o día domingo 30 de novembro de 2014

Tipos de axudas:

Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comuninade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego –axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero–.

Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas –indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero–

1. Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Para ser beneficiaria desta axuda, a solicitante deberá reunir na data de solicitude da axuda e manter ata o momento en que se resolva a dita solicitude os seguintes requisitos:
a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero. Esta condición acreditarase con algún dos documentos establecidos no artigo 4.1.a) destas bases reguladoras.

b) Non convivir co agresor.
c) Estar empadroada e residir en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.

d) Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do informe do Servizo Público de Emprego recollido no artigo 6 destas bases.

e) Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

Non poderán ser beneficiarias as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibiran esta axuda ou a axuda periódica establecida no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero con anterioridade.

2. Axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Poderán ser beneficiarias destas indemnizacións as mulleres, maiores de idade ou emancipadas, vítimas de violencia de xénero e todas as persoas que dependan económicamente e/ou asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero, en que concorran as seguintes circunstancias:

a) Estar empadroada e residir en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia.
b) Ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento.

d) Que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida, segundo
o establecido no artigo

3.2.e) Non convivir co agresor.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140423/AnuncioG0244-210414-0003_gl.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario