martes, 14 de mayo de 2013

Subvencións para as entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario

Consellería de Sanidade
 
Publicado en: DOG Número 87, do día martes 7 de maio de 2013
Finaliza o prazo o día xoves 6 de xuño  de 2013
 
Subvencións, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de carácter sociosanitario. Os ditos programas están destinados á realización de actividades complementarias no proceso de atención e rehabilitación de persoas con especiais necesidades de atención sociosanitaria asociadas ao alcoholismo, alcoholismo e outras adiccións sen substancia, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria. 
A súa finalidade é aumentar a autonomía, paliar as posibles limitacións e favorecer a rehabilitación e integración das persoas que compoñen os ditos colectivos. 
Para seren beneficiarias das axudas publicadas nesta orde as entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxos fins estatutarios principais sexan a realización de actividades de apoio e axuda ao colectivo a que se dirixen os programas de atención sociosanitaria para os cales se solicita subvención: alcohol, alcohol e outras adiccións sen substancia, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria.
Para estes efectos, considerarase enfermidade rara aquela que ten unha prevalencia menor de 5 casos por cada 10.000 habitantes na nosa comunidade autónoma.
b) Estar legalmente constituídas, polo menos con dous anos de anterioridade con respecto á data de publicación desta convocatoria, coa excepción das federacións recentemente constituídas que estean integradas maioritariamente por asociacións cunha antigüidade superior aos dous anos. Así mesmo, deberán estar inscritas no rexistro administrativo correspondente.
c) Dispoñer dunha sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, entendéndose como tal a presenza física e o domicilio social nela, e comprometerse, así mesmo, a desenvolver as actividades subvencionadas dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega.
d) Ter un horario mínimo de atención ao público de 20 horas semanais, destinadas a dar información e prestar axuda dun xeito prioritario aos colectivos afectados. 
e) Dispoñer de estrutura técnica e capacidade suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos no programa presentado, así como experiencia operativa na súa implementación.Subvencións para as entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario