miércoles, 15 de mayo de 2013

Axudas ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia

Consellería de Sanidade
 
Publicado en: DOG Número 87, do día martes 7 de maio de 2013
Finaliza o prazo o día sábado 8 de xuño de 2013
 
A súa finalidade é apoiar as persoas a tratamento de deshabituación de trastornos adictivos para facilitar a súa incorporación social e promover unha vida autónoma. 
 
Para ser beneficiario das axudas publicadas nesta orde deberán acreditarse os seguintes requisitos:
 
a) Ser unha entidade sen ánimo de lucro, que estea inscrita no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas creado polo Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, e modificado polo Decreto 58/2005, do 24 de febrero.
b) Ser titular ou responsable da vivenda de apoio á incorporación social de pacientes estabilizados nas unidades asistenciais de drogodependencias.
c) Acreditar o desenvolvemento de programas de incorporación social dirixidos ao colectivo de drogodependentes durante os dous anos anteriores á anualidade desta convocatoria.
d) Axustarse ao establecido pola Orde do 25 de xaneiro de 2008, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social como centros de apoio social a procesos terapéuticos. 
e) Estar autorizado polo servizo correspondente da Consellería de Traballo e Benestar segundo o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, como centro de acollida-apoio social a procesos terapéuticos. 
f) Dispoñer dunha sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, entendéndose como tal o feito de contar con domicilio social nela, comprometéndose a desenvolver as actividades subvencionadas en vivendas próximas á poboación onde exista unidade asistencial de drogodependencias.Axudas ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario