viernes, 5 de octubre de 2012

Consellería de Traballo e Benestar

Axudas e subvencións para o fomento do emprego, a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro

Publicado no : DOG Num. 188, de martes 2 de outubro de 2012
Finaliza o plazo o día 3 de novembro de 2012

Estas axudas están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais a través da prórroga da subvención para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio (procedemento TR352B) que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.
Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións as entidades sen ánimo de lucro que, sendo subvencionadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2010, sexan de carácter social e que, en execución das políticas activas de emprego, establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter personalidade xurídica e capacidade de obrar e, se é o caso, estar debidamente inscritas no correspondente rexistro público.
b) Dispoñer de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario