miércoles, 24 de octubre de 2012

Concello de Vigo

Subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá

Publicación en BOP Pontevedra, Num. 204, do martes 23 de outubro de 2012
Finaliza plazo : Sábado 10 de novembro de 2012


Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado do Concello deVigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás asociacións veciñais e sociedades culturais, sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, constituídas legalmente como tales,para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral, realizadas ou pendentes de levar a cabo no ano 2012. Están dirixidas a fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario