martes, 17 de enero de 2017

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza


RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Publicación  DOG: Venres, 13 de xaneiro de 2017
Fin plazo: Venres, 17  de febreiro de 2017

Entidades beneficiarias

1. Poderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento das actuacións reguladas nesta convocatoria as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución e a normativa xeral de subvencións, e de xeito particular deben cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta resolución e na normativa xeral de subvencións.

2. Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse en data en que remate o prazo depresentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos programassubvencionados.

Enlace: 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170113/AnuncioG0244-020117-0001_gl.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario