miércoles, 18 de enero de 2017

Axencia Turismo de Galicia


RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2017-2018 e se procede á súa convocatoria.

Publicación DOG. Núm 11, martes, 17 de xaneiro de 2017
Finaliza prazo, martes, 21 de febreiro de 2017

Persoas beneficiariasPoden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Nacionalidade: española.
2. Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das seguintes titulacións, que deberán estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.
a) Bolsas de formación nas oficinas de información turística: Grao en turismo; Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; Técnico Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou titulación homologada equivalente.
b) Bolsa de formación na Área de Estudos e Investigación: estar en posesión dunha titulación superior (calquera).
3. Idiomas:
a) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
b) Inglés: no caso das bolsas de formación nas oficinas de información turística, certificado B1 ou superior do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. CVE-DOG: ghsb88n8-ci47-0ai1-90y1-6f3adpfpgiw9 DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2421 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia.

Solicitudes e prazo
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. A documentación complementaria poderá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar ás persoas interesadas a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou, presencialmente, só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños e límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada CVE-DOG: ghsb88n8-ci47-0ai1-90y1-6f3adpfpgiw9
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2422 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
6. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.


Enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170117/AnuncioG0256-020117-0003_gl.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario