martes, 17 de enero de 2017

Consellería de Economía, Emprego e Industria


ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A).

Publicación DOG, Luns, 16 de xaneiro de 2017
Fin prazo presentación sábado, 15 de xullo de 2017

Solicitudes, lugar de presentación
1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde (só para efectos informativos), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 5 das bases reguladoras.
2. As solicitudes deberán presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou desde a ligazón https://ticketelectrico.xunta.gal, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou os certificados emitidos polas autoridades de certificación Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) e certificados camerales (Camerfirma).
3. No suposto de que o peticionario non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, a súa identificación ou autenticación poderá ser validamente realizada por un empregado público, mediante o uso do sistema de sinatura electrónica de que estea CVE-DOG: xo2pe1r2-9pe1-nrq6-h3y1 ajs3bu4upmn6 DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2079 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia dotado, segundo dispón o artigo 14 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, que regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para estes efectos, o peticionario poderá dirixirse ás oficinas de calquera das catro xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, así como á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para que lle fagan a solicitude.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica
presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente,
será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición dos persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
6. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación
desta Orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de xullo de 2017.

Beneficiarios
1. Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados e teñan un gasto derivado da subministración de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual.
2. Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:
a) Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou discapacitados cun grao de discapacidade igual ou maior do 33 %.
c) Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica.
d) Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano). Para estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2015 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do imposto sobre a renda no 2015, para os efectos do cálculo da renda sumarán os cadros 380 (base impoñible xeral) e 395 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentaren declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o
exercicio 2015. CVE-DOG: xo2pe1r2-9pe1-nrq6-h3y1-ajs3bu4upmn6 DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2084 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
f) Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.

Solicitudes
1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indica no artigo 2 da convocatoria.
2. Xunto coa solicitude deberase presentar copia dixitalizada da seguinte documentación:
a) DNI/NIE do solicitante e de todos os membros da unidade de conviviencia maiores de 14 anos (só no caso de denegar expresamente a súa consulta no anexo II ou anexo III).
No caso de menores que non teñan documento de identidade, documento acreditativo da súa idade (libro de familia, certificado de nacemento ou documento en que figure a data de nacemento).
b) Declaración do IRPF ou certificado de renda emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2015, do solicitante e do resto dos membros da unidade de conviviencia (só no caso de denegar expresamente a súa consulta no anexo II ou anexo III).
c) De ser o caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa ao tícket eléctrico social de Galicia (anexo IV).
d) Facturas de electricidade da vivenda que é residencia habitual do solicitante da axuda e xustificantes de pagamento.
e) Certificado ou volante de convivencia/empadroamento onde figuren todas as persoas que conviven no mesmo domicilio.
f) Título de familia numerosa no caso de que o dito título non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia ou no caso de que si fose expedido pola Xunta de Galicia e o solicitante denegue expresamente a súa consulta no anexo II.
g) De selo caso, certificado de discapacidade dalgún membro da unidade de convivencia con grao de discapacidade maior ou igual ao 33 %, no caso de que o dito certificado non CVE-DOG: xo2pe1r2-9pe1-nrq6-h3y1-ajs3bu4upmn6 DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2085 ISSN1130 9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia ou no caso de que si fose expedido pola Xunta de Galicia e se denegue expresamente a súa consulta no anexo II ou anexo III.

Enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170116/AnuncioG0424-301216-0002_gl.html



No hay comentarios:

Publicar un comentario