miércoles, 18 de enero de 2017

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante os anos 2017 e 2018, e se procede á súa convocatoria.

Publicación DOG Núm. 11, martes, 17 de xaneiro de 2017
Fin prazo: martes, 21 de febreiro de 2017

Obxectivo das bolsas
O obxectivo das bolsas e fomentar o perfeccionamento profesional dos/das bolseiros/as mediante a realización de prácticas formativas de especialización en mercados turísticos emisores nas oficinas de Turespaña situadas nas cidades de Londres, París, Berlín,
Os Ánxeles e São Paulo con suxeición ao plan de formación que se lles entregará ao comezo das súas prácticas e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Persoas beneficiarias
Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Nacionalidade: ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes dun grao universitario ou titulación homologada equivalente (calquera). As titulacións deben estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, deberán estar validados ou recoñecidos oficialmente polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
3. Idiomas:
a) Os solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de
perfeccionamento ou Celga 4. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
b) Dominio oral e escrito da lingua oficial do país de destino:
Acreditarase cun certificado B2 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas para os destinos de Londres, Berlín, Os Ánxeles e París.
Acreditarase cun certificado B1 ou superior do Marco común europeo de referencia para
as linguas para o destino de São Paulo.
4. En ningún caso poderán ser beneficiarios desta bolsa aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios desta en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios das bolsas e que renunciasen a elas durante o seu desenvolvemento.

Solicitudes e prazo
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. 
A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar ás persoas interesadas a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente, só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. No caso de que algún dos documentos que presente de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños e límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.
Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
6. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170117/AnuncioG0256-020117-0001_gl.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario