lunes, 24 de septiembre de 2012

Coruña 1ª Ciudad sin Fronteras

Os dejamos el programa para la actividad que está realizando Médicos sin Fronteras en Coruña hasta el día 18 de octubre próximo. Esperamos disfrutéis con ella.

Programa:

DO 20 DE SETEMBRO AO 11 DE OUTUBRO
EXPOSICIÓN:
QUE É MSF?
Hora: de luns a sábado de 16:00 a 21:00 h.
Lugar: Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil.
Dirección: Rúa Durán Loriga, 10, bajo.
Descrición: A exposición inclúe unha serie de textos e fotos tomados
sobre o terreo e en plena actuación médico-humanitaria co fin de
achegar aos cidadáns parte do traballo e principios de MSF,
informando sobre os perfís profesionais que conforman a organización,
o seu balance financeiro e a distribución do gasto.
DO 24 DE SETEMBRO AO 7 DE OUTUBRO
EXPOSICIÓN:
QUE É MSF?
Hora: de 10:00 a 22:00 h.
Lugar: Centro Comercial Marineda City.
Dirección: Ctra. Baños de Arteixo, 43.
DO 24 DE SETEMBRO AO 9 DE OUTUBRO
EXPOSICIÓN:
40 AÑOS DE ACCIÓN HUMANITARIA INDEPENDIENTE
Hora: de luns a venres de 9:00 a 21:00 h.
Lugar: Facultade de Economía e Empresa (del 24/09 al 30/09).
Dirección: Campus de Elviña.
Lugar: Escola Técnica Superior de Arquitectura (del 01/10 al 09/10).
Dirección: Campus de A Zapateira.
DO 2 AO 24 DE OUTUBRO
EXPOSICIÓN:
FIRST LADIES
Hora: de luns a venres de 17:00 a 21:00 h e sábados e festivos de 12:00
a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h.
Lugar: Sala 6 de la Fundación Novacaixagalicia.
Dirección: Cantón Grande 21-24.
Descrición: Unha exposición fotográfica que rende homenaxe ás
mulleres en situacións de urxencia: vulnerables e ao mesmo tempo
poderosas. As historias destas First Ladies (Primeiras Damas) foron
recollidas por tres fotógrafos en tres contextos afectados pola
violencia ou a inseguridade: Congo, Sudán do Sur e Marrocos. As súas
imaxes acompáñanse de testemuños de mulleres atendidas nos
proxectos que MSF xestiona nestas rexións así como de traballadoras
locais da organización
XOVES 20 DE SETEMBRO
NA RÚA:
CHECKPOINT: LEVANTA A BARREIRA
Hora: ás 11:00 h.
Lugar: Obelisco.
Dirección: Cantón Grande.
Descrición: Xunto á garita de fronteira que serve de punto de
información de todas as actividades, o persoal de MSF e algúns
coñecidos coruñeses levantarán a barreira como xesto simbólico para
inaugurar A Coruña Sen Fronteiras e animar a todos os cidadáns a
formar parte da iniciativa e subir a súa foto ao rueiro-mapamundi a
través de www.msf.es/acoruña
CINE DOCUMENTAL:
CRUZANDO FRONTEIRAS (I) / MSF (UN)LIMITED
(52 min)
Hora: de 20:00 a 21:30 h.
Lugar: Auditorio Fundación Novacaixagalicia.
Dirección: Cantón Grande 21-24.
Descrición: Documental producido e dirixido por Peter Casaer e
Caroline Van Nespen con imaxes e testemuños de expatriados
históricos de MSF que se enfrontaron ás grandes crises humanitarias
que marcaron a historia dos últimos 40 anos, como o xenocidio de
Ruanda, o masacre de Srebrenica ou epidemias como as do VIH.
LUNS 24 DE SETEMBRO
CINE DOCUMENTAL:
CRUZANDO FRONTEIRAS (II) / POSITIVE GENERATION
(49 min)
Hora: de 20:00 a 21:30 h.
Lugar: Auditorio Fundación Novacaixagalicia.
Dirección: Cantón Grande 21-24.
Descrición: Dirixido por David Trueba e da man de Alejandro Sanz e
o produtor e compositor Javier Limón, o documental conta o proxecto
musical no que un grupo de artistas nacionais e internacionais usan
como base a música e os coros dos grupos de apoio a persoas que viven
co VIH en Zimbabue. Un extraordinario labor de fusión na que
talentos e ritmos de aquí e de alí forman unha innovadora serie de
pezas que falan da vontade de loitar para conseguir tratamento médico
para todo aquel que o necesite.
MÉRCORES 26 DE SETEMBRO
CINE DOCUMENTAL:
CRUZANDO FRONTEIRAS (III) / LIVING IN EMERGENCY
(93 min)
Hora: de 20:00 a 21:30 h.
Lugar: Auditorio Fundación Novacaixagalicia.
Dirección: Cantón Grande 21-24.
Descrición: O director británico Mark N. Hopkins segue as historias e
experiencias de catro expatriados de MSF en proxectos e contextos
tan problemáticos como Congo e Liberia. Un retrato real sobre os
dilemas que deben afrontar os traballadores humanitarios da organización
e o peso que estas decisións poden carrexar tanto persoal como
profesionalmente.
XOVES 27 DE SETEMBRO
DIÁLOGOS: 40 ANOS DE MEDICINA HUMANITARIA:
JOSÉ ANTONIO BASTOS - UNHA EXPERIENCIA PERSOAL
Hora: de 13:30 a 14:30 h.
Lugar: Salón de Actos. Hospital Universitario A Coruña.
Dirección: As Xubias s/n.
Descrición: O presidente de MSF España, José Antonio Bastos,
compartirá cos alumnos de Medicina e Enfermaría e con traballadores
do Hospital Universitario a súa experiencia como médico da
organización en contextos de crise humanitaria.
DIÁLOGOS: DIÁLOGOS SEN FRONTEIRAS
MANUEL RIVAS Y JOSÉ ANTONIO BASTOS
Hora: de 20:00 a 21:30 h. / Capacidade limitada*.
Lugar: Auditorio Fundación Pedro Barrié de La Maza.
Dirección: Cantón Grande 9.
Descrición: Diálogo aberto entre o presidente de MSF España, José
Antonio Bastos, o recoñecido escritor e xornalista Manuel Rivas, e o
público asistente, sobre os retos que se asumen para levar a atención
humanitaria ás vítimas en contextos de crises e conflitos actuais nos
cales desempeña a súa acción MSF.
*
Por limitacións de capacidade, rógase confirmación previa para este acto
chamando ao 902 250 902 ou a través de www.msf.es/acoruña antes do
25 de setembro.
VENRES 28 DE SETEMBRO
CINE DOCUMENTAL:
CRUZANDO FRONTEIRAS (IV) / INVISIBLES
(104 min)
Hora: de 20:00 a 21:30 h.
Lugar: Auditorio Fundación Novacaixagalicia.
Dirección: Cantón Grande 21-24.
Descrición: Gañador do Goya en 2008, este documental relata
cinco historias dirixidas por Mariano Barroso, Isabel Coixet,
Javier Corcuera, Fernando León de Aranoa e Wim Wenders, e
producidas por Javier Bardem en colaboración con MSF, nas que
se combinan documento e ficción co desexo de dar voz a persoas
que foron esquecidas por gobernos, empresas, institucións e
cidadáns.
MÚSICA:
CONCERTO SOLIDARIO
Hora: ás 21:00 h.
Lugar: Teatro Colón.
Dirección: Avda. de la Marina s/n.
Descrición: Un grupo de artistas comprometidos con A Coruña
Sen Fronteiras prestarán as súas voces para este concerto a
beneficio do Fondo de Urxencias de MSF.
Tanto os artistas como a información sobre as entradas serán
anunciados en www.msf.es/acoruña
SÁBADO 29 DE SETEMBRO
ACTIVIDADE INFANTIL:
CONTACONTOS / “QUE ME PASA NTUMBA?”
Hora: de 12:30 a 13:00 h.
Lugar: no Checkpoint de MSF / Obelisco.
Dirección: Cantón Grande.
Descrición: Nenos e nenas de distintas culturas protagonizan as
historias que nos relata Ntumba, a contadora de contos. Historias
con finais que nos falan de enfermidades esquecidas que afectan a
millóns de persoas en países en vías de desenvolvemento e como é
posible curalas. Escrito por Feli Ibáñez, ilustrado por Mariona
Cabassa e con fotografías de Juan Carlos Tomasi. Editorial Icaria.
Un grupo de voluntarios de MSF estará a cargo da actividade.
LUNS 1 DE OUTUBRO
DIÁLOGOS:
MESA REDONDA SOBRE VIOLENCIA SEXUAL
Hora: a las 20:00 h.
Lugar: Fundación Paideia.
Dirección: Plaza de María Pita, 17.
Descrición: Rosa Cobo, profesora da Facultade de Socioloxía,
xunto a unha asociación de mulleres local e unha representante de
MSF debaterán sobre a problemática e atención da violencia
sexual exercida de diferentes formas e en diferentes contextos.
MARTES 2 DE OUTUBRO
DIÁLOGOS:
TERTULIA SOBRE MEDICINA HUMANITARIA
Hora: de 19:00 a 21:30 h.
Lugar: Colegio Oficial de Médicos de A Coruña.
Dirección: Avenida de Salvador de Madariaga, 66.
Descrición: Representantes de MSF, de Solidariedade Galega,
Fundación Red de Colegio Médicos Solidarios e Matres Mundi
debaterán sobre experiencias médicas no contexto de países en
desenvolvemento.
MÉRCORES 3 DE OUTUBRO
ACTIVIDADE INFANTIL:
CONTACONTOS / “QUE ME PASA NTUMBA?”
Hora: de 18:00 a 19:00 h.
Lugar: Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil.
Dirección: Rúa Durán Loriga 10, bajo.
Descrición: Un grupo de voluntarios de MSF estará a cargo da
actividade. Posteriormente haberá un diálogo cos pais sobre a
desnutrición infantil, mentres os nenos e nenas participan nun
taller organizado pola Biblioteca.
XOVES 4 DE OUTUBRO
PRESENTACIÓN LIBRO:
VIDAS SIN FRONTERAS / BRU ROVIRA
Hora: de 19:30 a 20:30 h.
Lugar: Librería Nos.
Dirección: Praza do libro, 1.
Descrición: O xornalista Bru Rovira, gañador do premio Ortega e
Gasset en 2004 cunha gran experiencia en temas de conflitos
internacionais, relata en Vidas sin fronteras unha crónica humana
dos traballadores de MSF no terreo a través dos seus conmovedores
testemuños. Durante a presentación do libro, baseado en
entrevistas, o autor dialogará cun dos protagonistas.
CINE DOCUMENTAL:
POSITIVE GENERATION
(49 min)
Hora: de 20:30 a 22:00 h.
Lugar: Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
Dirección: Rúa Durán Loriga 10, bajo.
VENRES 5 DE OUTUBRO
CINE DOCUMENTAL:
POSITIVE LADIES SOCCER CLUB
(37 min)
Hora: de 19:30 a 21:00 h.
Lugar: La Tuerca 27.
Dirección: Rúa Doctor Fleming, 27.
Descrición: Dirixido por Joanna Stavropoulou, The Positive Ladies
Soccer Club
conta a historia dun grupo de mulleres seropositivas dun
dos suburbios máis pobres de Zimbabue que decide formar un
equipo de fútbol para gañar o campionato local. Un sorprendente
relato verídico, paradigma e símbolo de loita, mobilizada polo
orgullo e a coraxe individual e colectiva, contra a exclusión social en
países en desenvolvemento.
LUNS 8 DE OUTUBRO
CINE DOCUMENTAL:
LIVING IN EMERGENCY
(93 min)
Hora: de 20:00 a 22:00 h.
Lugar: Sala de cine do Forum Metropolitano. .
Dirección: Rúa Monelos, 1.
LUNS 15 DE OUTUBRO
CINE DOCUMENTAL:
MSF (UN)LIMITED
(52 min)
Hora: de 20:00 a 22:00 h.
Lugar: Sala de cine do Forum Metropolitano.
Dirección: Rúa Monelos, 1.
XOVES 18 DE OUTUBRO
ACTIVIDADE INFANTIL:
CONTACONTOS / “¿QUÉ ME PASA NTUMBA?”
Hora: de 18:30 a 19:30 h.
Lugar: Biblioteca Infantil Forum Metropolitano.
Dirección: Rúa Monelos, 1.
Para obter toda a información actualizada das
actividades e para subir a túa foto ao rueiromapamundi,
entra en www.msf.es/acoruña
DIÁLOGOS
PRESENTACIÓN LIBRO
EXPOSICIÓN
CINE DOCUMENTAL
MÚSICA
CHECKPOINT
ACTIVIDADE INFANTIL
NA RÚA


1 comentario:

  1. He enviado el programa a gente que pudiera estar interesada. Espero que participe un elevado número de personas en todas las actividades, que son muy interesantes.
    Saludos,

    ResponderEliminar