martes, 4 de agosto de 2015

Consellería de Traballo e Benestar

Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas fundacións e entidades sen ánimo de lucro

Publicado en: DOG Num. 142, mércores 29 de xullo de 2015Finaliza plazo o día, luns 31 de agosto de 2015

Axudas e subvencións que, baixo o nome xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas fundacións do sector público autonómico e as entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo 3, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia para a realización de servizos de interese xeral e social (procedemento TR352A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde:
a) As fundacións do sector público autonómico de Galicia.
b) As entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais na data de publicación da presente convocatoria que establezan accións específicas de conformidade coa súa escritura pública e/ou cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Enlace: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150729/AnuncioCA05-220715-0007_es.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario