martes, 23 de abril de 2013

Subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas integrados para o emprego durante os anos 2013 e 2014

Consellería de Traballo e Benestar
 
Publicado en DOG Número 76, do venres 19 de abril de 2013
Finaliza prazo o día luns 20 de mayo de 2013            
 
As subvencións terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción labora l das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de plans integrais que combinen accións de diversa natureza, tales como información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, e mobilidade xeográfica.
Nestes programas estableceranse obxectivos cuantitativos previstos de inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego participantes neles.
Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:
a) As deputacións provinciais.
b) Os concellos que, por si sós ou asociados a outros limítrofes, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2012 superior a 500 persoas.
c) As mancomunidades, consorcios ou calquera outra forma de agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos.
d) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.
Todas elas deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario