martes, 23 de abril de 2013

Subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego

Consellería de Traballo e Benestar
 
Publicado en DOG Número 76, do venres 19 de abril de 2013
Finaliza prazo o día luns 20 de mayo de 2013
             
Subvencións dirixidas ás entidades que realicen accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación dos demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de técnicos de información, orientación e prospección de emprego, no ámbito da colaboración da Consellería de Traballo e Benestar coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades que teñan personalidade xurídica propia e carezan de fins lucrativos, en concreto:
a) As deputacións provinciais.
b) Os concellos que, por si sós ou asociados, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2012 superior a 500 persoas.
c) As mancomunidades, consorcios ou calquera outra forma de agrupación que comprenda, cando menos, a tres concellos galegos limítrofes.
d) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das anteriores, especializadas na realización de accións de información e orientación laboral. Neste caso, inadmitiranse as solicitudes de entidades que pertenzan ou estean asociadas a outras dun ámbito provincial superior, cando estas últimas presenten solicitude.
e) As entidades especializadas en atención a determinados colectivos, preferentemente con diminucións físicas, psíquicas ou sensoriais, que realicen accións de información e orientación profesional de acordo co previsto nestas bases reguladoras e sempre que estean constituídas como centros colaboradores especiais de orientación ou xustifiquen a existencia dun colectivo cuantificable de difícil inserción laboral.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario