miércoles, 30 de enero de 2013

Deputación de Pontevedra

Subvencións de apoio á cultura, dirixidas a entidades para actividades e investimentos. Ano 2013
 
Publicado en: BOP Pontevedra nº 19, do día luns 28 de xaneiro de 2013
Finaliza el plazo o día mércores 27 de febreiro de 2013
 
A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercizo actual, así como as destinadas a recuperar e conservar o patrimonio provincial, sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais para que así acaden os obxectivos que lle son propios, contribuíndo deste xeito á modernización e recuperación da nosa cultura, así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno.
Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante).
2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia.
3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa seguridade social.
Non poderán ser beneficiarios destas axudas as AnPAs, nin aquelas Asociacións que teñan pendente de xustificar subvencións concedidas no exercizo anterior no mesmo programa.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario