martes, 5 de agosto de 2014

Vicepresidencia e Consellería de presidencia, administracións públicas e xustiza

Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres

Publicado en: DOG Número 145, do día venres 1 de agosto de 2014
Finaliza el prazo o día luns 1 de setembro de 2014

Axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións. 

b) Liña 2: promoción de accións de sensibilización, información ou formación en materia de igualdade entre mulleres e homes. 
c) Liña 3: promoción de accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica a 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, na área de actuación de igualdade

Enlace:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140801/AnuncioG0244-230714-0001_gl.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario