martes, 25 de marzo de 2014

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014

Consellería de Traballo e Benestar

Publicado en el DOG número 52, de luns 17 de marzo de 2014
Finaliza o prazo o sábado 26 de abril de 2014

Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos ou fillas menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 2.1.2011 e o 1.1.2014, incluídos) e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

No caso de fillos ou fillas adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Será requisito necesario para a concesión da prestación:

a) Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderán ser requeridas para que presenten documentación complementaria que o demostre. 

b) Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140317/AnuncioCA05-110314-0008_gl.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario