miércoles, 26 de febrero de 2014

Procedemento para a admisión do alumnado no curso 2014/2015


Dacordo coa Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, que establece os trámites de procedemento, o calendario de prazos para a súa tramitación, a forma de valorar os criterios xerais de admisión; débese ter en conta a seguinte información:

O proceso de presentación das solicitudes de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2014, ambos incluídos.

Con respecto ás prazas vacantes e reserva para o alumnado con ncesidades específicas de apoio educativo, publicaranse os postos escolares vacantes en cada centro educativo conforme ás propostas da dirección dos centros públicos e da titularidade dos centros privados e concertados.

A solicitude de reserva de praza e a solicitude de admisión, realizarase mediante os modelos anexo I e anexo II que podes cumplimentar na Sede Electrónica da Xunta de Galiciaou pódelas atopar na seguinte ligazón:http://www.edu.xunta.es/web/node/11615

Os centros educativos facilictarán tamén unha copia ás persoas interesadas que a soliciten.


Enlace: http://www.edu.coruna.es/ga/portada/novas_do_servizo_municipal_de_educacion/procedemento_para_a_admision_do_alumnado_no_curso_2014_2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario